logo.jpg

  • O proxecto "Bibliografía Chairega" nace íntimamente ligado á versión dixital de A Voz de Vilalba, coa pretensión de difundir a Terra Chá polo mundo, fusionando o local e o universal.
  • A tarefa pode pecar de ambiciosa, pois preténdese crear nin máis nin menos que unha base de datos comentada que sirva de referencia a calquer persoa que desexe obter información bibliográfica sobre esta pequena bisbarra do norte da provincia de Lugo.
  • Para ilo, a intención inicial (que podería ampliarse nun futuro) basease na inclusión, fundamentalmente, de todos aqueles libros que, sendo ou non de escritores chairegos, teñan sido editados na Chaira ou ben fagan alusión a ela.
  • A ninguén se lle escapa que existen moitos autores (Antón Baamonde, Ramón Villares, Xosé Chao Rego, Agustín Fernández Paz...) que, ademáis de ser chairegos, teñen publicado unha boa morea de libros. Sen embargo, polo de agora, aínda que se poda facer alusión a esas obras nas entradas dos autores correspondentes, só contarán con ficha propia dentro desta wiki aqueles libros que cumplan os requisitos comentados anteriormente, é dicir, facer alusión directa á Terra Cha ou ter sido publicados nela. Se un se para a analizalo con calma, darase contan de que as razóns desta opción claramente limitadora son de orde fundamentalmente práctico. Só a bibliografía dos catro autores citados coma exemplo é tan ampla que faría este proxecto excesivamente arduo dende o seu mesmo comezo. Isto non quere dicir que, nun futuro e segundo vaia avanzando, non se podan ampliar ou modifircar estes criterios de inclusión.
  • A todo aquel que queira contribuir pregámoslle que lea atentamente as Normas de inclusión e presentación das entradas para dese xeito enviarnos toda a información coa maior precisión posible. Moitas grazas anticipadas a todos os que participedes ou querades aportar suxerencias.

Contacta con nós:

Envía as túas suxerencias, informacións, referencias bibliográficas, etc. a redaccion@avozdevilalba.com
Visita o noso portal: www.avozdevilalba.com